lunes 21 de julio de 2008

O DO SR. LAGO (Alcalde A Gudiña) É PATÉTICO

O Venres pasado, día 18, tivemos o Pleno Ordinario na Gudiña que correspondía para o día 30 do mes pasado. Por fin aprobáronse os Presupostos para o presente ano 2008, cando xa vai gastado a metade do exercicio presupostario, pero xa estamos acostumados a estas prisas do noso Alcalde.

No mesmo Pelno rechazáronse tres mocións presentadas polo noso Grupo, todas elas relativas a obras básicas e necesarias e que prácticamente xa estaban acordadas coa Consellería de Medio Ambiente, polo que o custe para o Concello sería mínimo. Así, a primeira delas era a relativa as obras de abastecemento dos pobos de San Lorenzo e MEsón de Erosa, que leva máis de un ano rematadas e por falla de luz nas estacións de bombeo, non funcionan. A moción consistía en solicitar da Consellería de MEdio Ambiente que asumise o custe de dotar de enerxía eléctrica a esas estacións de bombeo (pode ascender a 80.000 €), e que o Concello se comprometese a facer os enganches individuais, ou polo menos a propiciar as condicións para que o enganche fose asumido por cada veciño. Pois ben, a mesma foi rechazada dicindo que non era Urxente, a pesares de que a moción ia apoiada polas firmas de máis de 100 veciños (a practica totalidade dos veciños de ambolos dous pobos), e de que ámbolodous pobos sofren restriccións de augas tódo-los veráns.

Tamén se rexeitou outra moción que pedía que o Concello elaborase unha memoria descriptiva das obras necesarias para dotar de servizo de desaugue varias vivendas que non o teñen, estas obras xa estaban acordadas pola nosa parte coa Consellería de Medio Ambiente, para que por ésta se asumise o seu custe, polo que o Concello só tería que face-la a memoria das obras necesarias e custe das mesmas. A Razón foi a mesma, que non era urxente, instando ós veciños afectados a que fixesen o vertido para a calle. Incomprensible.

A outra moción referíase ó alumeado público de San Lorenzo, que leva máis de tres meses estragado e encendendo polo día, gastando enerxía inútilmente e causando gastos ó Concello innecesarios. A resposta: a mesma, Non é Urxente. !!Patético!!.

PEro o máis bochornoso foi cando o Sr. Alcalde deu resposta ás preguntas formuladas polo noso Grupo no pleno anterior. Chegado este punto o Sr. Alcalde deu outra mostra máis da súa ineptitude, da súa prepotencia, e da súa capacidade e cara dura para metir no pleno. Nunha das súas respostas o Sr. Alcalde chegou a afirmar respecto dun edificio de tres plantas, onde está instalado o único servizo de tanatorio que existe na Gudiña,,,, "QUE NON TIÑA CONSTANCIA DA SUA EXISTENCIA, NIN DA DO TANATORIO TAMPOUCO", , como tampocuo existía a vivenda dun veciño que leva máis de 15 anos feita, por que non lle constaba que tivese licenza,...., en fin sobra calquer tipo de comentario, simplemente sentín vergoña allea, !!Bochornoso!!

Tamén me chamou a atención unhas verbas que o ínclito ó que nos estamos a referir dixo en plan gallito nunha reunión con empresarios da zona o día anterior ó pleno, onde literalmente afirmou que eramos a zona de Galicia onde menos inversión se fixera ata agora, que non tiñamos empresas, nin fontes de ingreso, nin expectativas de telos, que estabamos no cú do mundo, etc, etc,. Eu ó respecto só me pregunto: ¿ qué fixo os Sr. Alcalde ó longo destes últimos 20 anos para evitar esta situación que él mesmo recoñece? ¿a qué se adicou? ¿a facer obradoiros????.

En Fin, o dito!!!!PATÉTICO!!!!.