lunes, 28 de julio de 2008

Sensacions do Congreso Galego

A miña percepción política do 11º Congreso é que non foi bon para a Provincia de Ourense. Cando falo da Provincia, dende logo non estou pensando na cidade de Ourense senon no conxunto das comarcas que conformamos o 70% da militancia e dos votos que ten o PSdeG. A sensación que nos queda é que Ourense no seu conxunto perdeu peso na nova executiva y que dentro de Ourense a preminencia da cidade é superior o seu político no conxunto da provincia. Mais que unha percepción é unha realidade obxetiva : tiñamos 6 membros na executiva ademáis de Elena Espinosa e quedamonos en 5 membros. Deste últimos, 3 membros pertecen a Agrupación Local da cidade.
Para os delegados da nosa Comarca foi unha decepción que Miguel Fidalgo quedase fora , porque dende logo él si representa a provincia no seu conxunto. Sería convinte , en todo caso, que se convocase os Portavoces comarcais en breve ( para logo dar conta as bases ) para analizar determinadas cuestións relacionadas co Congreso donde nós particularmente quedamos descolacados diante da falla evidente de comunicación.

O longo das intervencións que se sucederon no Congreso chamou a atención , máis pola sua posta en escena e histrionismo que polo seu discurso , o alegato do compañeiro de Vigo Gonzalo Caballero, que reclamaba máis peso do Partido na toma de decisións.
Do mesmo xeito , dende a Comarca de Verín , nós abogamos por mais prevalencia da PROVINCIA de Ourense na toma de decisións ... PROVINCIA , PROVINCIA, PROVINCIA.


Juan Carlos