sábado 12 de julio de 2008

BENVIDOS Ó BLOG

Compañeiros/as :

Dende fai un tempo a esta parte na Agrupación Local do PSdeG- PSOE en Verín nos viñamos demandando a necesidade de contar cun intrumento de comunicación en internet que nos permitise achegar as noticias e as inquedanzas da nosa agrupación non só os militantes e votantes socialistas de Verín e comarca, senón o conxunto dos veciños. Creo que con este Blog seremos quen de conseguilo.
A través desta canle non só daremos debida información do traballo e da vida diaria do Partido Socialista no noso pobo senon que recolleremos as demandas, suxerencias e aportacións da militancia e dos veciños de Verín cara a facer un traballo digno nos distintos eidos donde o Partido ten representación, coa única intención de conseguir que os nosos veciños acaden unha mellora nas suas condicións de vida.

Benvidos.