viernes, 20 de febrero de 2009

mitin multitudinario en Verín

O pasado da 16 de febreiro celebramos un mitin multitudinario no Pavillón dos deportes de Verín. A verdade é que todos esparabamos que a nosa chamada fose respostada pero non nos imaxinábamos tanta xente. Mais de 1100 persoas arrouparon os nosos candidatos - Juan CArlos e PAchi - e a PEPE BLANCO.Inicialmente tomou a palabra J.Carlos para destacar a necesidade de mobilizarnos de cara a conseguir máis participación diante de que unha participación por debaixo do 65% daríalle opcións o PP. A verdade é que o noso candidato estivo, a pesares de empezar algo eufórico, realmente brillante, tendo en conta a sua corta traxetoria política. PAchi coma sempre , genial. E Pepe Blanco , cecais, un pouco menos incisivo que de costume.

Esperemos que as sensacións do mitin as teñamos o día 1 de marzo. E necesario mobilizarse para acadar un bon resultado que nos acerque o 6 deputado autonómico por Ourense.