jueves, 26 de marzo de 2009

CONGRESO EXTRAORDINARIO DIA 24-25 DE ABRIL

A verdade é que o resultado das eleccións non foi o esperado polo conxunta da militancia socialista y eu creo que tampocuo por unha parte importante da sociedade galega que votou o PP. Foi, dende logo , un resultado enganoso en canto que, os que teñen máis da metade dos sufraxios se van a oposición, pero foi un resultado xusto e democrático. E verdade, que o PP fixo unha camapaña sucia e rastrera , pero o gran erro estivo da nosa parte. A incapacidade de transmitir a cidadanía un proxeto político con aspiracións de goberno levounos a ser refens da demagoxia e do cinismo do PP. A maiores, o noso goberno, de xeito obsceno as veces, foi incapaz de percibir que ten que haber unha ligazón coas bases e coa militancia de xeito permanente e non só nas eleccións. Non se pode gobernar dende as alturas , hay que pisar chan, baixar a area e, o fundamental, escoitar. O altavoz da militancia ten que ser posto en funcionamento. Por outra banda, eu non creo que fose a coalición co BNG a causa da nosa derrota electoral , a clave foi competir no seo do goberno. A cidadanía admite as coalicións o que non admite son os bigobernos.
O próximo Congreso de abril escenificará un novo proxeto para os próximos anos; un proxeto que ten que ser renovador e sober de todo , con xente renovada. Espero que o candidato que saia elexido sexa un candidato das bases e non das "élites" do partido xa predifinido e avalado polos "varóns". Espero e desexo un debate ideolóxico e non un debate de persoas. Espero e desexo que o novo Secretario Xeral sexa o novo Presidente da Xunta.